Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936,
exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras,
trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no
Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura
Hispánica e no Consello Superior Científico.
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema
publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi
colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba".
A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da
poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou
poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo,
Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e
"Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la
ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais,
traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos,
multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre
d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra
na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros premios de
poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario